CRTVG

Buscar

A Tarde

A tarde do día: 03/04/2013

03/04/2013 - 16:06 h
O xuíz José Castro imputa a Infanta Cristina no caso Nóos e cítaa para declarar. Analizamos esta decisión coa axuda de Felipe Armendáriz, xornalista do Diario de Mallorca. Comezan a difundir en Galicia un sistema de urxencia que permite conservar os dentes caídos de raíz accidentalmente para seren reimplantados. O médico estomatólogo José Pardiñas, da clínica dental Pardiñas da Coruña, explícanos as vantaxes desta nova solución. E saudamos a Julio Barreiro, director dos Centros de Intervención Educativa en Medio Aberto da Asociación Arela de Pontevedra. Estes días traballan con menores que cometeron delitos relacionados coa seguridade viaria.
Revista de información e entretemento
Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí