CRTVG

Buscar

Destacados

Pedro Puy, voceiro parlamentario do PPdeG

07/12/2014 - 14:10 h

 No espazo A Entrevista da Radio Galega, o voceiro parlamentario do PPdeG aposta por acordos dos grandes partidos nos asuntos de Estado pero descarta un goberno de concentración nacional

-Pedro Puy advirte contra os populismos: "É xogar con lume".

 O voceiro parlamentario do PPdeG defende que os grandes partidos deben poder chegar a acordos nos grandes asuntos do país pero matiza que

"o estar de acordo en grandes cuestións básicas non implica que eso conleve gobernar conxuntamente. Eu creo que hai espazo para acordos no relativo ás grandes normas institucionais e para que haxa alternativas e debate político sobre cuestións concretas". E nese sentido Pedro Puy afirma que "gobernar co PSOE non é previsible".

 No espazo A Entrevista da Radio Galega, Puy tamén censura a actitude de Xosé Manuel Beiras que esta semana chamou "mamarracho" ó Presidente da Xunta e asegurou que a xente da rúa lle di que lle debería romper a cara a Núñez Feijoo. O voceiro parlamentario do PPdeG asegura que "é un exabrupto que se encardina nunha estratexia premeditada". Pedro Puy advirte nese sentido contra os populismos:

"Todo o que sexa incitar a posicións moi maniqueístas, que é propio dos movementos populistas, establecendo grandes dicotomías e botándolle a culpa a unha minoría para mobilizar á poboación en contra dos gobernos. Esas cuestións é xogar con lume porque o que fan é minar as bases para unha convivencia social en paz".

Cortes dos diferentes programas da RG
Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí