O Nordés
Serie que narra o día a día na redacción dun modesto xornal galego,
O Nordés, que xa cumpriu cen anos de vida.
A serie desta temporada da Televisión de Galicia que relataba, en cada entrega, a vida diaria dos xornalistas e o día a día na redacción dun xornal "O Nordés" chega esta noite ao remate de temporada.
No capítulo de hoxe, a dirección do xornal galego asiste a distintos avatares na súa redacción que a farán cambiar de rumbo. Así, o seu subdirector, Mateo, decide marchar definitivamente de "O Nordés", desanimado cos últimos acontecementos despois de volver de Lisboa, pois a morte de Santiago Caride déixalle o camiño despexado ao empresario investigado, Urbano Puga, que recibe a distinción de "Vigués do ano". Amais, xa nada o retén en Vigo logo da definitiva ruptura con Eva. Aínda que sempre podería pasar algo que lle dera un xiro sorprendente á vida destes xornalistas de hoxe en día.
Publicidade
Cinema de noite martes
A criatura perfecta. Terror
Hai tres séculos, un alquimista italiano descubriu accidentalmente os segredos da xenética. Como consecuencia, desencadeou unha serie de enfermidades virulentas contra as que a raza humana loita aínda hoxe. Á vez creouse unha nova raza, os Irmáns, resultante dunha mutación que só se manifesta nos homes. Os Irmáns son seres superiores, física e mentalmente, convertidos en gardiáns da ciencia xenética, á vez que axudan a Humanidade a combater as enfermidades. É unha relación simbiótica, pois a cambio de preservar a vida humana os Irmáns pídenlles o seu sangue aos homes, que llela ceden amablemente. Os Irmáns son vampiros e criaturas de carne e óso. Pero esta harmonía vese ameazada cando un destes irmáns decide beber directamente do pescozo, sucedéndose unha serie de crimes por toda a cidade que á Irmandade non lle interesa difundir.
Galicia por diante
O programa preséntase como o gran vehículo das mañás na Radio Gale-ga, con letras maiúsculas, con plu-ralidade e con vocación de servizo.
Galicia por diante preséntase como o gran vehículo das mañás na radio pública galega, con letras maiúsculas, con pluralidade e con vocación de servizo. De 6 a 12 da mañá, Galicia por diante está disposto a liderar as primeiras horas do día no país, con micrófonos en todos os puntos e a garantía de que estará alá onde se produza a noticia. Durante as seis horas de radio en vivo, o gran programa das mañás da Radio Galega, baixo a dirección de Kiko Novoa, disporá das voces más sobranceiras do panorama político e social. Fernando Ónega, Xosé Luís Barreiro, Xaime Pita, María Antonia Iglesias e Camilo Nogueira son algunhas das firmas que compartirán a súa opinión cos oíntes para pechar o círculo informativo e de entretemento co que nace este gran proxecto.
Como a vida mesma, Galicia por diante trasladará as diversas dimensións da vida mesma: a cultura, a sociedade, o humor, a ciencia... Pero por riba de todo estás ti. Ti estás por diante.