Os máis destacados en Programas

  • As aventuras de Minchi

    As aventuras de Minchi

    Minchi é unha cría de lagarta que soña con ser artista. Coqueta e divertida é a mascota de Dani, un neno de 7 anos que adora os réptiles

     

  • Base tecnolóxica

    Base tecnolóxica

    Programa sobre a actividade dos centros públicos de investigación de Galicia 

  • Cancha júnior

    Cancha júnior

    • 5

    Programa onde o deporte base é o protagonista e vemos os campións máis novos en acción.

  • Escoba!

    Escoba!

    • 5

    Sitcom galega con 5 mulleres como protagonistas: Rosa Álvarez, Elina Luaces, Teté Delgado, Mela Casal e Dorotea Bárcena. A serie sitúa ás cinco mulleres no centro sociocultural dun barrio urbano para xogar ás cartas, á ‘escoba’, concretamente.

  • Libro de familia

    Libro de familia

    • 5

    A serie retrata tres familias galegas que pertencen a distintos estratos sociais e residen en Santalla.

  • Mareas vivas

    Mareas vivas

    Mareas Vivas está ambientada nunha vila mariñeira ficticia, Portozás, e conta a vida cotiá dos seus habitantes e os sucesos que veñen romper a tranquilidade habitual do lugar.

     

  • Matalobos

    Matalobos

    • 5

    MATALOBOS é o nome dun clan familiar que vive na Sardiñeira, unha vila costeira de Galicia cuxos exteriores están ambientados na cidade da Coruña e na súa área metropolitana.

  • No bico un cantar

    No bico un cantar

    • 3

    Programa para coñecer a nosa historia a través da música.

  • O Nordés

    O Nordés

    Serie que narra os casos profesionais e os conflitos de relación que se dan na redacción dun modesto xornal galego, O Nordés que xa cumpriu cen anos de vida. Está ambientada na cidade de Vigo e os seus protagonistas son os xornalistas. Cada capítulo estrutúrase en función da rutina laboral de cada xornada, desde a primeira reunión matinal do consello de redacción ata que os lectores o reciben a primeira hora da mañá do día seguinte.

  • Padre Casares

    Padre Casares

    • 5

    Padre Casares amosa a vida nunha vila costeira galega, a través da ollada dun cura novo e urbano que non ten outra cousa que facerse cargo da súa igrexa, e do seu rabaño, así como das igrexas das vilas próximas.

  • Se as vacas falaran

    Se as vacas falaran

    Unha nova proposta de programa con historias moi próximas á realidade galega, que ofrece unha boa dose de entretemento, combinada con humor e escenas sacadas da vida mesma. O novo espazo da TVG discorre por toda Galicia na busca das vacas máis falangueiras, que son capaces de dicir o que ás veces os humanos non se atreven.

  • Top 10

    Top 10

    A clasificación máis galega, todas as respostas que os galegos dan sobre temas como cales son as mellores cancións de Galicia, as paisaxes e currunchos máis valorados ou as mellores tapas que se poden comer na nosa terra, están recollidas neste novo programa, que reflicte a opinión de todos os públicos.

  • Un país de lerias

    Un país de lerias

    En Un país de lerias semana tras semana facemos protagonistas a galegos anónimos, homes ou mulleres de calquera punto do país que teñan unha historia interesante e peculiar que contar. 

  • Zigzag Diario

    Zigzag Diario

    • 2,5

    Programa da canle autonómica que achegará aos espectadores galegos toda a actualidade cultural.