Os máis destacados en Programas

  • A cociña de André

    A cociña de André

       O chef André Arzúa está disposto a que a boa mesa nos chegue a todos a través deste novo programa da Televisión de Galicia.

  • Cancha júnior

    Cancha júnior

    • 5

    Programa onde o deporte base é o protagonista e vemos aos campións máis novos en acción.

  • Casamos! A historia de amor de...

    Casamos! A historia de amor de...

    Docusoap sobre historias de amor que acaban en casamento.

  • Concurso Recantos - Luar
  • Criaturas

    Criaturas

    • 4

    Reflectir o amor polo mundo animal nas súas múltiples vertentes é o obxectivo de Criaturas, que pretende ofrecer unha visión da relación das persoas coas súas mascotas, as curiosidades dos animais, as súas doenzas, o papel dos veterinarios e outros aspectos desta índole.

  • Enrede

    Enrede

    • 5

    Programa de música, producido por Casa de Tolos. Un espazo onde os protagonistas serán os grupos e as salas pertencentes á Rede Galega de Música ao Vivo.

  • Matalobos

    Matalobos

    • 5

    MATALOBOS é o nome dun clan familiar que vive na Sardiñeira, unha vila costeira de Galicia cuxos exteriores están ambientados na cidade da Coruña e na súa área metropolitana. A Sardiñeira é un lugar tranquilo, rico en paisaxes, cun clima agradable e que experimentou un gran crecemento demográfico e urbanístico nos últimos anos: deportivos, casas de revista á beira do mar, planadoiras, luxosas festas e unha pistola sempre debaixo do colchón... estarán á orde do día. Porque na vila haberá cinco familias metidas no narcotráfico a grande escala: clans poderosos, pero que tamén teñen inimigos implacables que lles farán fronte: dúas mulleres, unha xuíza e unha avogada irán a por eles.

  • Os reis da muñeira!

    Os reis da muñeira!

    Buscamos os reis da muñeira! Se o seu é o baile tradicional apúntese no noso concurso do programa A Solaina.

  • Reporteiros

    Reporteiros

    Espazo de reportaxes de fondo e análise co que se pretende afondar na actualidade de Galicia desde distintas perspectivas.

  • Tourilandia

    Tourilandia

    • 1

    Programa de humor que presenta Xosé A. Touriñán