Zulema e Paula son as puntas de lanza da arbitraxe feminina en Galicia
Zulema e Paula son as puntas de lanza da arbitraxe feminina en Galicia. Zulema González acaba de dirixir a final da Copa da Raíña de fútbol. Un día difícil de esquecer.
Paula Lema tamén vivíu esa sensación o ano pasado, e agora aspira a repetir. Ela é unha das tres mulleres, canda nove homes, que pitan a fase final da Copa da Raíña de baloncesto.
Pero ningunha delas é conformista. Zulema, que xa é internacional, ten entre cella e cella metas que un día parecían inacadables.
Paula arbitra na máxima categoría feminina e na Leb Ouro masculina. Séntese feliz, pero estima que no seu ámbito hai un paso por dar, a profesionalización porque non é doado compaxinar traballos. Paula é enfermeira. Cadrar as quendas no hospital coa arbitraxe é, moitas veces, un xeroglífico.