CRTVG

Buscar

Telexornal Serán

Zuckerberg comparece no Senado para pedir perdón polo caso Facebook

Publicado o 10/04/2018 21:27
O presidente de Facebook, Mark Zuckerberg, comparece arestora no Senado estadounidense. Pediu perdón en nome da compañía pola filtración dos datos de 87 millóns de usuarios que foron empregados pola campaña de Donald Trump. Zuckerberg recoñeceu que non fixeron o suficiente na protección de datos nin para previr as novas falsas nin a interferencia de Rusia nos procesos electorais. O multimillonario, de 33 anos, trata de convencer os senadores de que están mellorando a seguridade da rede social.

Telexornal Serán

10/04/2018