CRTVG

Buscar

Zona de sauna e sistema de calefacción no xacemento romano de Lobios

Publicado o 07/12/2017 14:15

Un grupo de arqueólogos está traballando estes días no xacemento romano Aquis Originis, en Lobios. Ten unha zona de sauna, e un sistema de calefacción, coñecido como hipocausto, que está a ser restaurado e que funcionaría coma un chan radiante dos de agora.

David explícalles aos veciños e turistas que se achegan ata a zona a importancia deste edificación. É a segunda mansio que atopamos ao longo da Vía Nova, a calzada romana que unía Braga con Astorga.

Foi nos anos 90 do século pasado cando se sacou á luz este edificación. Calcúlase que debe ocupar uns 500 metros cadrados. Tan só o 40 por cento está escavado. Os traballos de restauración que se están a levar a cabo neste intre céntranse no hipocausto, o sistema de calefacción da sauna.

A intervención que se está a levar a cabo inclúe ademais a mellorará da sinalización e información do xacemento. Un anaco vivo da nosa historia en pleno parque natural do Xurés.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

07/12/2017