CRTVG

Buscar

Zidane volve ao Real Madrid

Publicado o 11/03/2019 21:49

Zinedine Zidane regresa ao club branco 284 días despois da súa saída. O francés é o terceiro técnico da temporada. Zinedine Zidane regresa ao Real Madrid. Marcha Santiago Solari, ao que o club lle ofreceu seguir vinculado, e chega o francés.

Zidane asinará ata 2022. Ten por diante un difícil labor: o de reconstruír un equipo que xa non dispón de opcións esta temporada. Xa cando anunciou a súa despedida, en maio do ano pasado, Zidane avisou de que non era definitiva.

Zidane dirixirá mañá o seu primeiro adestramento e esta fin de semana afrontará o seu primeiro compromiso na liga. Será ante o Celta. O francés regresa ao club en que gañou nove títulos e tres Champions consecutivas. 

Zidane: "Son gañador, non me gusta perder. Se non vexo claramente que imos seguir gañando e non vexo as cousas claras, é mellor non seguir e non facer parvadas”.

Eran as palabras de Zidane a finais da temporada pasada cando anunciaba que deixaba o Real Madrid. Dicíao despois de gañar nove títulos, entre eles tres Champions e unha liga. O que pensa hoxe, quen o sabe... ou quen sabe que argumentos empregou Florentino Pérez e que pesaron tanto como para facerlle cambiar de opinión.

Zidane chega a un Real Madrid eliminado na competición Europea e na Copa do Rei, e a doce puntos do Barça na liga. O que poida facer á fronte do banco dos do Bernabeu nos doce partidos que restan para finalizar a temporada é unha icógnita sen máis obxectivo que acabar o curso sen que o equipo se deixe levar, dado que a clasficación do Madrid para xogar a Champións do ano que vén non se pon en dúbida, ou a estas alturas quizáis alguén non o teña tan claro.

Noticias web

11/03/2019