CRTVG

Buscar

Zidane fai dous anos no Real Madrid, con oito títulos logrados

Publicado o 03/01/2018 18:23

Mañá cumpriranse dous anos de Zinedien Zidane como adestrador do R. Madrid. O francés colleu o equipo sumido nunha crise de resultados e aupouno ata convertelo nun equipo gañador.

Os números de Zidane abraian. Nestes dous anos dirixiu 116 partidos. Gañou 84 e só perdeu 11.

En dous anos gañou 8 títulos. 8 títulos de dez posibles. Ademais logrou que o Madrid fora o primeiro equipo en gañar dúas Champions consecutivas co novo formato.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

03/01/2018