CRTVG

Buscar

Zeta, unha cadela con displasia de cadeira, estrea unha prótese de titanio

Publicado o 22/01/2019 18:59

Zeta é unha pastor alemán que sufría displasia de cadera, un problema moi frecuente nalgunhas razas de cans. Hoxe, esta cadela estrea unha moderna prótese de titanio que substitue a súa articulación enferma. Un hospital veterinario de Arteixo acaba de realizar por primeira vez en Galicia esta innovadora cirurxía traumatolóxica.

Aos cinco anos, Zeta comezou a acusar os sintomas da súa displasia de cadeira. Andaba, pero con moita dor e dificultade.

Andrés Somaz, xefe da Unidade de Traumatoloxía do Hospital Veterinario 4 de Octubre:"Oproblema que tiñamos con Zeta era que non respondía aos tratamentos con antiinflamatorios e con analxésicos, que é a primeira pauta terapéutica, polo tanto hai que ir ao seguinte paso no protocolo de tratamento destas patoloxías".

E o seguinte paso foi substituír a súa articulación enferma por unha prótese de titanio articular mecánica. O equipo que realizou a intervención di que Zeta é a primeira cadela en Galicia en contar cunha prótese deste tipo, que se adapta á súa anatomía

O custo da prótese modular que agora leva Zeta rolda os 2.500 euros, aos que hai que sumar o custo da cirurxía.

Miguel Cánovas, dono de Zeta:"É un animal que queremos moitisimo, e non queriamos que sufrira".

A expectativa é que Zeta poida recuperar ao redor do 90% da mobilidade grazas á súa nova articulación de titanio

Noticias web

22/01/2019