Zara homenaxea a Uxío Novoneyra en roupa masculina
Publicado o 15/07/2020 16:55
Os versos de Uxío Novoneyra, o poeta do Courel, son a inspiración dunha das últimas coleccións de Zara para home.
En camisetas e gorras aparece un poema visual de Novoneyra que reflicte a propia caligrafía do autor. O breve texto foi extraído da obra Poemas caligráficos, publicada en 1979.
O xigante téxtil rende así homenaxe a un dos poetas máis relevantes na nosa lingua a quen hai unha década se lle dedicaba o Día das Letras Galegas.