CRTVG

Buscar

Zapatero viaxa a Venezuela e o Goberno de España desvincúlase

Publicado o 19/03/2019 20:49

José Luís Rodríguez Zapatero viaxa a Venezuela, pero o Goberno de España desvincúlase. Segundo a prensa local, chegou a Caracas a madrugada pasada.

Desde Moncloa sinalan que se trata dunha viaxe particular e que non tiñan constancia de que o ex-presidente do Goberno tivese previsto desprazarse a Venezuela. Apuntan, ademais, que descoñecen a axenda de Zapatero en Caracas.

O ex-presidente do Goberno foi en 2018 mediador entre Maduro e a oposición nos coñecidos como diálogos de Santo Domingo que acabaron fracasando e que lle valeron a Zapatero as acusacións da oposición de favorecer o réxime chavista.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

19/03/2019