Zapatero di que a querela de Vox contra el por suposta colaboración coa ETA nin merece cualificación
Zapatero di que a querela de Vox contra el por suposta colaboración coa ETA nin merece cualificación. Os de Abascal din que as actas da banda terrorista demostran que o ex-presidente socialista alertou a organización de varias operacións policiais en Francia.
Javier Ortega Smith, secretario xeral de Vox: "Nós achegamos indicios suficientes para que a querela poida ser estimada. Estamos falando nada menos que dunhas actas dunha negociación cunha organización criminal".
José Luis Rodríguez Zapatero, ex-presidente do Goberno: "Que ver o final da violencia, que é o que o meu Goberno logrou co apoio de toda a sociedade democrática, provoque efectos desta natureza... Sei que era unha tarefa difícil, dura, en que me empreguei, en que puxemos todo o compromiso en defensa dos valores democráticos. E estas reaccións sinxelamente non merecen cualificación".