CRTVG

Buscar

Zapatero apoia a Caballero e pide a mobilización do votante progresista

Publicado o 03/07/2020 21:35

Os socialistas galegos contaron co apoio do ex-presidente José Luis Rodríguez Zapatero nos seus actos de campaña. Gonzalo Caballero e o ex-presidente aseguran que hai que apostar por políticas sociais e de igualdade para sair desta crise. Zapatero convocou aos votantes progresistas e a toda a esquerda a mobilizarse para que Galicia poida participar das políticas de solidariedade, de cooperación e de distribución de rendas. Gonzalo Caballero anunciou que se chega a presidencia creará unha Consellería de Igualdade con rango de vicepresidencia.
 

Noticias web

03/07/2020