Yolanda Díaz reclámalle a Sánchez un goberno de coalición con Unidas Podemos
Publicado o 29/05/2019 15:23
Neste contexto, Unidas Podemos volve pedirlle a Pedro Sánchez un goberno de coalición, sen importar a caída de votos sufrida polo partido de Iglesias nas eleccións do pasado domingo.
Yolanda Díaz, Unidas Podemos: "A investidura practícase cos deputados e deputadas do Congreso, non se vota dende as alcaldías nin dende as autonomías. Só ten dúas alternativas: un goberno con Ciudadanos ou un goberno con Unidas Podemos. Tócalle elixir".