CRTVG

Buscar

Yolanda Díaz negocia con Bruxelas a futura reforma laboral

Publicado o 22/04/2021 15:20

A ministra de Traballo, Yolanda Díaz, atópase en Bruxelas para reunirse co vicepresidente económico da institución. Teñen que perfilar os detalles do plan de recuperación que o Goberno de España debe presentar antes de que acabe o mes, condición indispensable para acceder aos fondos europeos.

A tamén vicepresidenta terceira asegura que "o plan español está tan pechado como que a próxima semana vaise presentar", incluíndo as reformas de todos os ministerios, entre elas, a futura reforma laboral que reducirá a tres os tipos de contrato: estable, temporal e de formación.

Na súa opinión, España é "un país aventaxado, que traballamos ben e rápido, dos primeiros países que imos presentar o plan".

 

Noticias web

22/04/2021