CRTVG

Buscar

Yolanda Díaz informa o Rei do apoio de Galicia en Común a Sánchez na investidura

Publicado o 10/12/2019 18:43
Yolanda Díaz informa o Rei do apoio de Galicia en Común a Sánchez na investidura

A rolda de consultas de Filipe VI cos partidos con representación parlamentaria proseguiu coa deputada de Galicia En Común-Unidas Podemos, Yolanda Díaz, que o informou do apoio do seu partido a unha investidura do xefe do Goberno en funcións e líder do PSOE, Pedro Sánchez. Díaz, unha das persoas de máis confianza do líder de Unidas Podemos, Pablo Iglesias, reuniuse co Rei a porta pechada no Palacio da Zarzuela durante a primeira xornada das consultas.

Filipe VI saudouna no Salón de Audiencias e, a continuación, pasaron ao seu despacho para celebrar o encontro. Galicia En Común, que conta con dous deputados no Congreso, apoia o goberno de coalición de PSOE e Unidas Podemos, no que Iglesias sería o vicepresidente. Nas quinielas sobre posibles membros do goberno de coalición de esquerdas, Díaz é un dos nomes que soa como posible ministra.

 

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

10/12/2019