Yolanda Díaz di que non se entendería que non houbese unha candidatura única ás xerais
Podemos e Esquerda Unida aseguran que seguen negociando unha candidatura de unidade en Galicia para as eleccións xerais. Sobre as esixencias de En Marea para sumarse á coalición dos partidos da confluencia, a deputada Yolanda Díaz di que ninguén entendería que non fosen todos xuntos por unha cuestión xurídica.
A líder de Podemos, Irene Montero, asegura en Vigo que aspiran e seguen traballando para repetir en Galicia unha candidatura unitaria nas eleccións xerais.
Cando faltan dous días para que que remate o prazo para inscribir a coalición que negocian Podemos-Galicia, Esquerda Unida e Anova, segue sen estar claro se sumaran ou non a En Marea. Yolanda Díaz apunta a que o atranco son as esixencias do partido instrumental.
Díaz desmente que se estea negociando a súa inclusión nas listas de Madrid ás eleccións xerais. Asegura que o seu compromiso é con Galicia pero que aínda non está decidido por que circunscrición e en que posto das listas estará.