CRTVG

Buscar

Yolanda Díaz dá un paso adiante e di que vai "levantar un proxecto a favor da xente"

Publicado o 26/09/2021 20:44

A ministra galega Yolanda Díaz dixo que vai "levantar" un proxecto político "a favor da xente e para acantoar o odio". Segundo anunciou na súa intervención nos actos do centenario do PCE, "o proxecto xa está en marcha, estannos agardando".

A vicepresidenta segunda afirmou tamén que o Goberno vai derrogar a reforma laboral. "Crédeme, imos derrogar a reforma laboral e se non o facemos equivocarase o país, equivocarase o Goberno e equivocarase España", asegurou.

 

Noticias web

26/09/2021