Yolanda Díaz advírtelles ás eléctricas que "teñen que cumprir a lei"
Publicado o 30/09/2021 15:06
Co prezo da luz disparado, dúas compañías, Iberdrola e Endesa, pretenden renegociar os seus contratos coas grandes empresas, por considerar que as medidas adoptadas polo Goberno prexudican o seu negocio. O Executivo nega tal efecto.
"Saben ben as eléctricas que teñen que cumprir a lei" asegurou nunha entrevista a vicepresidenta segunda e ministra de Traballo, Yolanda Díaz. Tamén pediu "tranquilidade a todos os consumidores porque vivimos nunha democracia e non hai pulsos cara a ninguén".