CRTVG

Buscar

Yolanda Díaz acusa a patronal de non querer negociar o salario minimo

Publicado o 10/09/2021 21:24

Yolanda Díaz insiste en que o Goberno subirá o salario mínimo de xeito inmediato. A vicepresidenta segunda di que é incomprensible que alguén diga que non toca cando España está ante unha crise galopante. Acusa a patronal de non buscar o acordo: "hai unha parte que sentou nesa mesa sen negociar. Unha parte dixo, 'quero 0 euros', é dicir conxelar o salario mínimo e sae da mesa dicindo 'quero 0 euros'".

Os sindicatos urxen o executivo a aprobar xa a suba para o último trimestre, pero lembran que non asinarán nada se non inclúe tamén o incremento a partir de xaneiro.

Unai Sordo, secretario xeral de CCOO, emprazou ao Goberno a "definirse xa. Que poñan a proposta enriba da mesa e, na nosa opinión, ten que pasar por esa suba para 2021, temos marxe de pactar, pero co compromiso inequívoco dos 1.000 euros en 2022".

O 30 de setembro rematan as condicións dos actuais ERTE. Yolanda Díaz asegura que se van prorrogar e convoca sindicatos e empresarios a falalo o día 16. Hoxe hai 260.000 traballadores baixo este paraugas, lonxe dos case 4 millóns do peor momento da crise.
 

Noticias web

10/09/2021