CRTVG

Buscar

Yolanda Díaz: "A forza da unidade de Galicia a partir de mañá é En Común Unidas-Podemos"

Publicado o 29/04/2019 08:12

Yolanda Díaz, de En Común-Unidas Podemos agradece "aos galegos e ás galegas que confiaron neste partido" os resultados acadados. "A partir de mañá mesmo, a forza da unidade no noso país é En Común-Unidas Podemos. Esta é a forza da unidade en Galicia", engade. 

"Saímos a traballar, saímos a gañar. Temos unha enorme satisfacción e imos a estas eleccións cun mandato forte da cidadanía, que era derrotar ao bloque da dereita". "Sinalamos que o PP sae completamente desfeito deste proceso electoral e mesmo a forza hexemónica da dereita pasa a ser Ciudadanos".

Ademais, fai un chamamento ao PSOE e ao PSdeG: "Ten que ser capaz de cumprir co mandato da cidadanía galega e española. Instamos xa a un goberno de progreso para evitar que exista a posibilidade de fórmulas que non teñen que ver co mandato das urnas".