CRTVG

Buscar

Yelco Alfaya supera a corentena e non ten síntomas

Publicado o 03/04/2020 19:54

 Yelco Alfaya, o primeiro deportista galego que dera positivo por coronavirus, non ten síntomas da enfermidade. O xogador do Bergantiños pasou confinado na casa os 15 días que lle recomendaron os médicos e ata tivo tempo estes días de facer algo de deporte.

O futbolista do Bergantiños manda unha mensaxe de ánimo a todos os que están pelexando co virus: "Xa pasei os 15 días que recomendan en caso de ter a enfermidade, sen ningún tipo de problema, mesmo facendo deporte todos os días aquí no meu cuarto, sen poder saír, pero iso é o de menos. Dicir que agora mesmo estou esperando a que me repitan a proba para confirmar o negativo. Xa levo 10-12 días sen ningún tipo de síntomas, atópome perfectamente ben e converténdome un pouco en experto en gravar este tipo de vídeos, pero alégrome de que neste caso sexa por unha boa noticia nestes momentos que non son moi boas para ninguén. Un saúdo para todos e animarvos a que quededes na casa ata que todo isto pase, esperemos que sexa máis pronto que tarde".



 

 

Noticias web

03/04/2020