CRTVG

Buscar

Yayo Daporta: “Se buscásemos un sitio mellor no mundo para ser cociñeiro non atoparía outro como Galicia”

Publicado o 01/03/2018 10:26
  • “O éxito da cociña galega ven dado porque cada vez hai máis interese pola gastronomía. Os cociñeiros esforzámonos máis en intentar satisfacer os nosos clientes”.
  • “Desde 'O Grupo dos Nove' intentamos mostrar o excelente produto que temos en Galicia. Intento amosarlle aos meus cliente o que temos en Galicia”.
  • “Si buscásemos un sitio mellor no mundo para ser cociñeiro non atoparía outro como Galicia”.
  • “Para ser cociñeiro a vocación é fundamental. Tenche que gustar a comida e tenche que gustar comer. Un comeza sempre cociñando para un mesmo. Sería imposible sacar á sala un prato co que ti non estes contento. O teu gusto persoal ten que coincidir o máximo posible co teu cliente potencial”.
  • “O final intentas partir dunha base que tes dun prato tradicional e enriquecelo, aportarlle matices para que o prato sexa moito mellor”.
  • “Sempre que te enfrontas a un prato tradicional o resultado ten que ser mellor que o prato orixinal”.
  • “Non teño un horario concreto para crear pratos, vai todo sobre a marcha, aínda que debería pararme moito máis. A cociña que eu fago ten moita parte de intuitiva e moi directa”.
  • “Teño comido moi ben por moi pouco diñeiro e teño comido moi mal pagando auténticas fortunas. A cociña de calidade e accesible a todos os petos. Dentro da gastronomía hai moitos formatos e hai cociña económica boísima”.
  • “Cada negocio ten que adaptarse a unhas circunstancias e a un público. Non e o mesmo traballar en temporada alta que en temporada baixa. Un vai acomodando as súas ofertas ao seu público”.
  • “Intentamos que os restaurantes con estrela Michelin sexan restaurantes confortables. O final a cociña que ofrecemos é unha experiencia, e nesa experiencia inflúen moitas cousas”.
  • “Cada vez recorren máis aos cociñeiros galegos para participar en congresos, eventos...”
  • “A gastronomía transformouse de necesidade ou hábito a ocio”.
  • “O meu reto con respecto a cociña galega e que o cliente identifique onde está, que lle tapen os ollos e que saiba a través do prato que está en Cambados”
  • “Non sei si vale todo, entre formigas e camaróns eu prefiro camaróns. Vivo nas Rías Baixas”.
  • “O meu prato favorito, o que podería comer todos os días é unha ducia de ostras cunha copa de albariño.”

 

 

Noticias web

01/03/2018