CRTVG

Buscar

Yates sorprende cun ataque feroz no primeiro cume andorrano

Publicado o 14/09/2018 21:37

Quedan dúas etapas, pero a proba ten practicamente dono. Simon Yates axusta o maillot vermello á espera do que aconteza mañá nos cumes de Andorra. O británico deu hoxe un golpe na mesa ao deixar a Alejandro Valverde a 1 minuto 38 segundos e a Steven Kruijswijk a un minuto 48 segundos. Mañá, última etapa de montaña con meta na Gallina. 

Simon Yates rebentou a Volta cun ataque a contrapé. Andorra presaxiaba pelexa pero ninguén agardaba que o líder fose o primeiro en respostar ao desafío. O pelotón supuña que a Volta se ía decidir na brutal etapa do sábado, coa subida á Gallina coma fin de festa. Tocaba pois reservar forzas, a ascensión á Rabassa aparecía como o terreo propicio para rabuñar segundos e subir algún posto na xeral. Por aí apareceu Nairo Quintana, que a falta de 15 quilómetros saltou con Krwijswijk e Pinot. Foi entón cando Yates viu unha oportunidade.

Atacou dende lonxe e deixou a todos paralizados. Foi un ataque demoledor. O inglés subía cunha facilidade pasmosa por ramplas que chegaban ao 14 por cento. Esas mesmas que se lle foron atragoando a Valverde, que tivo problemas tamén para seguir a Miguel Ángel López e a Enric Mas, dous dos damnificados pola fereza do ataque de Yates. Só Pinaut aguantou ao seu carón e ata lle atacou nos últimos metros para facerse coa vitoria de etapa. Na xeral Valverde aparece agora a 1.38 e Kruijswik a 1.48. Yates amosou ser o máis forte, quen estea disposto a desafialo ten unha última oportunidade, o sábado nos cumes de Andorra.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

14/09/2018