CRTVG

Buscar

Yang Qian, primeira medalla de ouro en Tokyo 2020

Publicado o 24/07/2021 04:32
Yang Qian, primeira medalla de ouro en Tokyo 2020

Yang Qian, primeira campioa olímpica

A tiradora chinesa Yang Qian, converteuse na primeira campioa olímpica en Tokyo 2020. Gañou a medalla de ouro na final de rifle aire 10 metros cunha suma de 251,8 puntos, novo récord olímpico. A medalla de prata foi para Anastasiia Galashina, que compite baixo a bandeira do Comité Olímpico Ruso pola suspensión do seu país. O bronce foi para a suíza Nina Christen.