CRTVG

Buscar

XXXII edición da Feira do Poldro e Gando de Monte de Muras

Publicado o 22/09/2019 14:37

Dende primeira hora da maña Muras converteuse no escaparate do gando da Gañidoira e do Xistral. Os tratantes ofrecen vacas, becerros, bestas, cabalos, poldros e algún burriño.

Non é facil distinguir quen vai mercar e quen vende. Case todos os asistentes levan caxatos, varas, aguillóns e bastóns. Teñan ou non gando.

Os animais, mentres, están nerviosos. Non saben que será deles.

Veñen á feira para negociar e tratar.

Na feira tamén hai concursos, exhibicións, venda de material gandeiro e tres imprescindibles: catiuscas, churros e rosquillas.

A nota exótica na feira puxérona estes ponis ananos acabados de nacer.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

22/09/2019