CRTVG

Buscar

O BOE publica a listaxe dos 4.427 españois mortos en campos nazis

Publicado o 09/08/2019 18:56

O BOE acaba de publicar a lista dos españois que morreron no campo de concentración de Mauthausen. Son máis de catro mil nomes cos seus datos, pero os investigadores din que seguen atopando máis casos descoñecidos. 

4.427 nomes cos seus apelidos, lugares de nacemento e data de defunción publicados para que os familiares poidan recuperar as vidas que segou a babarie.

Porque foi unha guerra que non só cambiou mapas e paisaxes e queimou cidades. Foi unha guerra que cambiou o concepto de ser humano, como reflicten os rostros dalgúns dos galegos que sufriron os campos de concentración nazis.

102 exactamente foron os galegos que morreron só nos campos de Mauthausen, di a lista. Se pensamos en máis campos, entre os que morreron e os que sobreviviron cóntanse por milleiros os españois que se preguntaron se isto é un home.

Eladio investiga a zona de Ourense. Na provincia atoparon hai un mes catro persoas sen catalogar. Unha colaboradora descubriu por sorpresa as cartas dun prisioneiro nazi.

Liberación do campo de Mauthausen. 5 de maio de 1945. Era o ano en que empezaban a resucitar esas historias que aínda seguen resucitando. E conseguiu localizar os seus descendentes.

Tres cuartos de século despois continúan saíndo nomes e continúa a busca de nomes, a busca de pasar páxina. E que a Historia sirva para non repetir erros.

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí