CRTVG

Buscar

A Audiencia da Coruña impide a unha nai trasladarse de cidade coas fillas ao non ter sentenza firme de divorcio

Publicado o 12/02/2020 13:00

Un Auto da Audiencia provincial da Coruña denégalle a unha nai cambiar de cidade e cambiar as nenas de colexio. De momento son medidas provisionais. Explica este Auto Susana Barra, membro de Aeafa, Asociación Española de Avogados de Familia.

"De momento non hai sentenza, é un auto no que está confirmando un auto dun xulgado de primeira Instancia de Arzúa. polo tanto a nai non se pode cambiar de localidade; porque aínda ten que resolverse no procedemento principal, no do divorcio, a atribución de guardia e custodia. O que ten que resolver finalmente será o xuíz de Primeira Instancia de Arzua no procedemento de divorcio para quen é a garda e custodia das fillas".

"Con todo o respecto, digo que creo que a represesntación da nai pecou de premura porque quizais non era ese o momento", aclara Susana Barra.
"Cada caso é un mundo pero, no seu momento, haberá que estudar se queda protexido o interese das manores co suposto cambio de localidade que pretende a nai, se se vai seguir mantendo a relación coa familia paterna, pero todo iso hai que determinalo no proxecto principal", insiste a avogada de familia.

 

Noticias web

12/02/2020