CRTVG

Buscar

Xura de bandeira dos aspirantes da Escola Naval Militar de Marín

Publicado o 22/11/2019 15:54
Xura de bandeira dos aspirantes da Escola Naval Militar de Marín

A Escola Naval Militar de Marín acolleu esta mañá o acto de xura de bandeira dos aspirantes do Corpo Xeral e Infantería de Mariña, Enxeñeiros e Intendencia e militares de complemento. No acto, que estivo presidido polo almirante director de Ensinanza Naval, Victoriano Gilabert, 48 aspirantes participaron nesta xura de bandeira.

Familiares e autoridades, entre elas a subdelegada do Goberno, participaron neste acto castrense no que se levou a cabo a entrega de reais despachos para dous oficiais que finalizaron o seu período de estudo.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

22/11/2019