CRTVG

Buscar

Xúpiter estará esta noite máis iluminado e preto da Terra

Publicado o 10/06/2019 19:46

Se non teñen un plan mellor ou lles interesa a astronomía, saiban que esta noite poderase ver Xúpiter a simple vista. Será posible porque o planeta máis grande do sistema solar estará máis iluminado e máis preto da Terra ca nunca nos cinco anos anteriores. Co uso de prismáticos incluso se poderán contemplar algunhas das súas catro lúas. E cun telescopio algúns dos seus detalles atmosféricos máis rechamantes, como a súa peculiar mancha vermella.

Noticias web

10/06/2019