CRTVG

Buscar

Xúpiter e Saturno alíñanse coincidindo co solsticio de inverno

Publicado o 21/12/2020 20:49

Este ano 2020 tan atípico vai pecharse cun fenómeno inusual: a conxunción de Xúpiter e Saturno. Así explica a aliñación destes dous planetas o director da Casa das Ciencias da Coruña

"A imaxe correcta é que estamos nunha pista de atletismo. Nós, a Terra vai por unha pista, por unha das liñas interiores, Xúpiter por unha das exteriores e Saturno máis aló. Pois ben, cada 20 anos máis ou menos Xúpiter e Saturno alíñanse con nós e vémolos xuntos no ceo, no mesmo punto. Realmente están moi lonxe un doutro, pero desde a nosa perspectiva semellan estar xuntos", sinala o director da Casa das Ciencias da Coruña.

O que si, desta volta e coincidindo co solsticio de inverno, é cando van estar máis xuntos desde hai 800 anos

"Desta vez a dístancia é excepcionalmente pequena, tan pequena que moita xente vai ter dificulatade para ver eses dous planetas poro separado porque Xúpiter brilla moito máis que Saturno e pode parecer un único punto", di Marcos Pérez Maldonado.

É polo tanto o día dos prismáticos e telescopios para poder distinguir os dous planetas mesmo ver os aneis de Saturno. Iso si, alí onde as nubes o permitan. A partir de hoxe Xúpiter e Saturno comezarán a separse, aínda que moi paseniñamente.

Noticias web

21/12/2020