CRTVG

Buscar

Xuntas e confrarías analizan as cotas da xarda

Publicado o 27/03/2019 20:36

De cara á posible modificación de criterios de repartimento de cotas de xarda para artes menores no Cantábrico suxerida polo Goberno central e pola nova obriga do desembarque, esta tarde a conselleira do Mar e a directora xeral de Pesca reuníronse xa cos presidentes e secretarios das federacións provinciais e galega de confrarías de pescadores. Comezan a analizar datos e criterios que melloren a xestión da pesqueira da xarda. O obxectivo é posicionar a frota  galega na xuntanza que anunciou para o día 10 o Ministerio de Pesca.

Xosé Antonio Pérez Sieira, presidente da Federación Galega de Confrarías de Pescadores: "Estamos valorando, estudando a mellor fórmula posible para que todos os mariñeiros se acollan a un nivel de reparto máis xusto e axeitado".

Rosa Quintana, conselleira do Mar: "A Galicia gústalle ir ás reunións cos datos analizados e estudados, respectando, como sempre fixemos, os pactos e a lealdade co Ministerio e coas outras administracións autonómicas".

 

Noticias web

27/03/2019