CRTVG

Buscar

Xuntanza no consello do Obradoiro para analizar o futuro inmediato do club

Publicado o 25/05/2021 12:35

Baloncesto. Hoxe reúnese o Consello de Administración do Monbus Obradoiro. E na orde do día estará a continuidade de Moncho Fernández e do seu equipo de axudantes. Decídese se hai oferta de renovación. Acaba de rematar a liga e nunca en dez anos o Obradoiro tardara tanto tempo en acometer o futuro do seu adestrador. Pero a prioridade do Obradoiro non é Moncho Fernández. En primeiro lugar a viabilidade económica da entidade e en segundo lugar a continuidade de José Luis Mateo, o director xeral.

Noticias web

25/05/2021