CRTVG

Buscar

Xuntanza de diagnosticados con artrite reumatoide en Santiago

Publicado o 24/03/2019 10:19

Estímase que case 20.000 galegos padecen artrite reumatoide, unha enfermidade autoinmune crónica que orixina a inflamación das articulacións. Malia os avances no seu tratamento, trátase dunha doenza pouco comprendida socialmente e que necesita unha maior visibilidade para que a sociedade poida coñecela mellor.

Vanessa ten trinta e nove anos e diagnosticáronlle a artrite reumatoide cando tiña dez. "Supuxo un tsunami, deixei de facer cousas, non podía facer ximnasia, secarme, facer unha coleta, tiven que renunciar a moitas cousas".

Vanessa explica que cando lle dá un brote é coma se a estivesen mordendo varios cans. O mesmo ca outros diagniosticados, participou hoxe nunha xuntanza en Santiago.

MARINA RODRÍGUEZ LÓPEZ, REUMATÓLOGA: "A artrite é unha enfermidade reumática que produce moita dor, inflamación e limitación para os pacientes que a padecen, sobre todo nas mans, cóbados, ombreiros... nas articulacións fóra da columna".

Afecta a unha proporción de tres mulleres por cada home, e pode manifestarse a calquera idade. A Antonio chegoulle aos doce anos e condiciuonoulle completamente a vida, sobre todo cando lle veñen os brotes.

ANTONIO TORRALBA, PRESIDENTE COORDINADORA NACIONAL DE ARTRITE: "Un brote supón pasar de poder vivir a non poder facer nada: inflamación de todas as articulacións, que te condiciona para facer a túa vida normalizada"

Segundo Antonio, o prognóstico da enfermidade mellorou moito cos últimos tratamentos.

MARINA RODRÍGUEZ LÓPEZ, REUMATÓLOGA: "As terapias biolóxicas o que fan é frear todas as moléculas que median na inflamación; antes a xente quedaba en cadeira de rodas, agora o prognóstico é bo".

Malia as melloras que trouxeron os tratamentos biolóxicos, a artrite reumatoide segue supoñendo unha limitación na vida cotiá dos enfermos, cun forte impacto na vida laboral, social e familiar de quen a padece.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

24/03/2019