CRTVG

Buscar

Xunta, sindicatos e patronal asinan unha declaración para reactivar o diálogo social

Publicado o 23/09/2020 15:51

O presidente da Xunta, sindicatos e patronal acaban de asinar unha declaración institucional para reactivar o diálogo social en Galicia. O obxectivo é chegar a grandes acordos para que ninguén quede atrás pola crise económica que deixa a pandemia.

A declaración institucional firmada hoxe divídese en dous compromisos.

Un que propón buscar medidas para reforzar a competitividade das empresas galegas, impulsando a dixitalización, a reactivación da demanda ou o acceso ao financiamento.

O segundo refírese ás políticas de emprego, que fixa o reto de facer melloras nos ERTE, a regulación do teletraballo ou facilidades para a conciliación.

Os asinantes coincidiron na necesidade de chegar a acordos pola reactivación económica de Galicia.

Para o presidente da Xunta, esta sinatura manda unha mensaxe de confianza aos cidadáns e agarda que a actual situación os obrigue a diminuír os puntos de desencontro e chegar a acordos.

Noticias web

23/09/2020