CRTVG

Buscar

Xunta e USC colaboran no impulso do almacenamento enerxético

Publicado o 25/10/2021 13:10
Xunta e USC colaboran no impulso do almacenamento enerxético

A Xunta de Galicia, a través da Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, colabora coa Universidade de Santiago no impulso do almacenamento enerxético.

A directora xeral de Planificación Enerxética e directora do Inega, Paula Uría, e o reitor compostelán, Antonio López, asinaron esta mañá o convenio para que a Administración pública, os axentes científico-tecnolóxicos e tamén as empresas dispoñan de información actualizada sobre o almacenamento enerxético para contribuír á descarbonización e ao aforro eléctrico.

Desde a Xunta reiteran que están traballando activamente para impulsar o uso de enerxías renovables e para fomentar o autoconsumo. A directora do Inega lembrou tamén que o Goberno galego abriu unha liña de axudas destinadas a fomentar precisamente o uso do autoconsumo e almacenamento enerxético a partir de enerxías renovables, para as que contará cun orzamento de case vinte millóns de euros. 

Noticias web

25/10/2021