CRTVG

Buscar

Xunta e universidades asinan o acordo para reformar o mapa de titulacións galego

Publicado o 20/03/2017 21:02

Núñez Feijóo e os reitores coinciden en coordinarse para redefinir a oferta académica

A Xunta e as tres universidades acaban de asinar o documento que senta as bases para reformar o mapa de titulacións galego. Feijóo e reitores coinciden en coordinarse para redefinir a oferta académica.

O documento sobre o que comezan a traballar aposta por fusionar e redifinir titulacións, respectando as singulares, como a de lingua galega. Tamén prevé repartir a formación entre varias universidades e crear novos graos e másters para adaptar a oferta universitaria ao mercado laboral.

O obxectivo deste acordo é ter universidades máis colaborativas. Máis internacionalizadas. E máis especializadas.

Non hai prazo fixado para asinar o novo mapa de titulacións, pero a intención é presentar a nova oferta no menor tempo posible.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

20/03/2017