CRTVG

Buscar

Xunta e sindicatos pídenlle ao Goberno que tome as rendas de Alu Ibérica

Publicado o 02/07/2021 15:13

Xunta e sindicatos unen forzas para pedir ao Goberno central que tome as rendas de Alu Ibérica. O comité de empresa mantivo unha reunión esta mañá co conselleiro de Economía e Empresa, Francisco Conde, piden solucións industriais para salvar as fábricas da Coruña e Avilés. A Xunta pide que se convoque xa a mesa industrial para manter a actividade de Alu Ibércia.

Para o conselleiro Francisco Conde, os traballadores están desprotexidos ante un Goberno que permanece ausente. Pola súa banda, os sindicatos din que a situación é moi preocupante e piden que a xuíza nomee un administrador xudicial da SEPI que tome o control da fábrica.

Noticias web

02/07/2021