CRTVG

Buscar

Xunta e sindicatos analizan a oferta de emprego no ensino para o 2020

Publicado o 03/12/2019 14:58

Primeira toma de contacto entre a Xunta e os sindicatos para desenvolver a OPE anunciada en Educación. Vanse convocar, 3.654 prazas en total, as máximas permitidas por lei. Comisións Obreiras e UXT cren que é positiva. CIG e ANPE din que non se atende ben a situación do persoal interino. Os sindicatos inciden en que preto do 44% das prazas son de promoción interna. E urxen negociar a repartición das especialidades canto antes, sobre todo, no libre acceso libre.

A CIG critica que "fan ofertas sen ter en conta un colectivo que a día de hoxe, algúns deles despois de dez, quince ou vinte anos traballando no ensino público como persoas interinas se poden ver desprotexidas".

Para CCOO, "é moi satisfactorio porque en tres anos máis de 2.000 prazas convocadas para estabilizacións van permitir que moito profesorado que tiña un posto inestable acabe en posto estable".

É a lectura que fan os dous sindicatos maioritarios no ensino. Educación di que o número de prazas é o maior que pode convocar. O direcfor xeral de Centros e REcursos HUmanos, Jose Manuel Pinal explica que "a cifra que se vai poñer enriba da mesa non é negociable á alza porque é o máximo que a lei nos permite. E nunca se negocia á baixa, desde logo. Polo tanto, xa podo dicir que esa cifra é real, e vai ser de 3.654 postos".

O que si queda por negociar é a repartición de prazas nas diferentes especialidades. Será despois do Nadal, en canto se faga a convocatoria oficial da OPE.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

03/12/2019