CRTVG

Buscar

Xunta e sector naval colaborarán na solicitude de fondos europeos

Publicado o 06/11/2020 14:32

A Xunta e o sector naval traballarán conxuntamente nos novos proxectos que presentarán ao fondo de reconstrución da Unión Europea. Así o acordaron esta mañá na reunión que mantivo o vicepresidente e conselleiro de Economía cos representantes de Aclunaga, o Clúster do Naval.

Cren que estes fondos europeos son unha oportunidade e pídenlle ao Goberno central que garanta a igualdade de criterios na distribución das axudas que xa se están concedendo a outros estaleiros europeos.

Francisco Conde pídelle ao Goberno de España "que estableza un diálogo para garantir que o noso sector poida acceder ás diferentes axudas e ter os mesmos instrumentos que nestes momentos se aplican noutros países como Alemaña ou Holanda".

Noticias web

06/11/2020