A Xunta e os reitores da Rede CRUSOE alíanse para a dixitalización do legado patrimonial do Camiño
Publicado o 19/07/2021 14:24
Galicia quere liderar en Europa a transformación dixital do patrimonio do Camiño. A Consellería de Cultura, a Axencia para a Modernización Tecnóloxica de Galicia e a Rede CRUSOE, que aglutina 23 centros universitarios de España e Portugal, colaborarán no proxecto Stellae 5.0. Trátase de impulsar o uso das novas tecnoloxías para a dinamización da produción cultural.