A Xunta agarda pechar esta semana o novo protocolo do ocio nocturno
Publicado o 22/09/2021 15:22
A Xunta e o ocio nocturno ultiman o protocolo para o sector. O obxectivo é deseñar unha folla de ruta, igual que se fixo coa hostalería, para que poidan abrir independentemente da evolución do virus.
O vicepresidente primeiro da Xunta Alfonso Rueda asegurou: "Imos ter esta mesma semana unha reunión cos representantes do ocio nocturno para pechar ese novo sistema de funcionamento que vai permitir máis ocupación e máis horario. Eu creo que no mes de outubro xa o podemos aplicar e ir volvendo á normalidade nun sector que estivo especialmente prexudicado".