CRTVG

Buscar

Xunta e hostaleiros apostan polo modelo de cooperación entre as administracións

Publicado o 16/01/2021 15:14

As novas restricións poñen aínda máis contra as cordas o sector hostaleiro. Peche ás 6 da tarde en toda Galicia e nos concellos con nivel máximo só servizo en terraza e ao 50 % de ocupación. Cesáreo Pardal, presidente do clúster de turismo de Galicia, di que non poden "facer unha recadación do 90 % menos que en día normais e pagan o 100 % dos impostos". 

Tanto a Xunta coma o sector apostan por sumar os esforzos de todas as administracións. Un plan de axudas en que o Goberno galego achegue o 50 %, as deputacións o 30 % e os concellos o 20 % restante. O vicepresidente primeiro da Xunta, Alfonso Rueda, explica que é a mellor fórmula para evitar que "os hostaleiros teñan que peregrinar de admnistración en administración facendo unha solicitude diferente de cada vez."

A Xunta fai balance e sinala que ata o de agora destinou en solitario máis de 80 millóns de euros a autónomos e hostaleiros e di que xa están pagadas o 80 % das axudas solicitadas.

Noticias web

16/01/2021