CRTVG

Buscar

Xunta e Fegamp impulsan a elaboración de ordenanzas tipo sobre vivendas turísticas e autocaravanas

Publicado o 20/08/2019 20:07

A Consellería de Turismo e Cultura e a FEGAMP anunciaron o inicio do proceso para elaborar unha ordenanza tipo sobre as vivendas de uso turístico, unha especie de guía común sobre a que os concellos poidan exercer as súas competencias. O obxectivo, darlle maior transparencia a esta actividade económica en alza.

"Maior seguridade ás vivendas de uso turístico, aos seus propietarios e aos seus usuarios e tamén medidas que posibiliten ter unha radiografia fiel e combater o intrusismo nunha actividade como son as vivendas de uso turístico", dixo o conselleiro Román Rodríguez.

Tamén queren unha regulación común sobre as autocaravanas. Os seus usuarios veñen polas paisaxes e compre ubicalos en lugares axeitados a ese interese sen romper a convivencia con veciños e usarios das praias.

"Non podemos metelos nun rincón detrás das casas porque sinon non veñen a Galicia. Eles queren estar onde a paisaxe lles permite gozar desta actividade", asegurou Alfredo García, o presidente da Fegamp.

Xunta e Fegamp tamén traballarán nunha regulación común sobre as festas de especial interese. A intención é que as tres ordenanzas tipo estean a diposición dos concellos na próxima temporada turística.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

20/08/2019