CRTVG

Buscar

Xunta e Federación Galega de Ciclismo entregan chalecos reflectantes aos usuarios.

Publicado o 27/07/2019 20:51

Coa chegada do verán son moitos os ciclistas que saen ás estradas galegas. Pero moitas veces a convivencia cos automobilistas é complicada, e no peor dos casos, o ciclista é sempre o elemento máis débil. Para mellorar a seguridade dos ciclistas a Xunta e maila Federación Galega de Ciclismo están a repartir chalecos reflectantes.

Ethel Vázquez, concelleira de Infraestructuras e Mobilidade: "O noso obxetivo é concienciar e fomentar conductas responsables e seguras para conseguir esa convivencia harmónica entre todos os usuarios das estradas: os ciclistas, os peóns e todos os vehículos. Por iso estamos hoxe aquí para repartir esos elementos reflectantes."

Os chalecos levan na parte traseira a lenda que lembra aos conductores a importancia de respetar unha distancia de seguridade de metro e medio cos ciclistas.

Juan Carlos Muñiz, Presidente da Federación Galega de Ciclismo
"Ese metro e medio, esa distancia de seguridade para adiantar a un ciclista. E ese respeto que temos que ter tamén os ciclistas co resto dos usuarios, para esixir respeto temos que respetar."

Facerse ver é fundamental para evitar acidentes, pero tamén o respeto dos conductores que cada vez están máis concienciados.
"Si notamos que nos respetan máis, a xente ten máis conciencia de que o ciclista é unha persona humana e sia tocas..."

Só no que vai de ano nas estradas españolas perderon a vida 15 ciclistas, segundo datos da Garda Civil de tráfico. Con estas campañas que se están facer en rutas ciclistas protexidas de Galicia procúrase mellorar a seguridade dun dos colectivos máis vulnerables nas vías.

Noticias web

27/07/2019