CRTVG

Buscar

Xunta e Deputación da Coruña suman esforzos para divulgar as rutas xacobeas da provincia

Publicado o 03/06/2021 15:22

A Xunta e mais a Deputación da Coruña suman esforzos para promocionar as rutas do Camiño de Santiago que discorren pola provincia.

Alfonso Rueda e Valentín González Formoso participaron na constitución da Mesa dos Camiños, destinada a divulgar e mellorar o Camiño Inglés e o Camiño a Fisterra-Muxía.

O vicepresidente primeiro da Xunta dixo que Galicia está preparada para recibir os peregrinos con todas as garantías, e apuntou que a nova normalidade vai favorecer esta forma de turismo.

Noticias web

03/06/2021