CRTVG

Buscar

Xunta e concellos poderán expropiar edificios en ruínas en zonas históricas

Publicado o 11/01/2019 16:36

A Xunta e os concellos poderán expropiar edificios en ruínas en zonas históricas pola metade do seu valor catastral.

Farase como último recurso nos casos máis extremos de abandono. É unha das novidades da primeira Lei de rehabilitación de Galicia, que acaba de aprobar o Consello da Xunta e agora pasará ao Parlamento. A expropiación sería o último recurso para evitar que existan inmobles en estado de ruína nas zonas históricas e aplicaríase cando o propietario non actúe despois de recibir varios avisos. A lei tamén contempla que se axilicen os trámites para a rehabilitación de vivendas, ademais de nas zonas históricas, nos núcleos rurais protexidos e nas vivendas situadas nos camiños de Santiago.

Lei de rehabilitación. A Xunta poderá expropiar vivendas ruinosas.
Fomentar a recuperación de vivendas fronte á construción nova e frear o abandono son os obxectivos da futura lei de rehabilitación. A norma permite que as administracións expropien inmobles ruinosos nas zonas históricas pola metade do valor catastral. Farase, din, como último recurso ante aqueles propietarios que non tomen medidas despois de recibir varios avisos e ofertas de axuda.

Ademais, a lei prevé que os concellos autoricen directamente as licenzas de rehabilitación sen necesidade de contar tamén co permiso autonómico, sempre que non sexan edificios protexidos ou Bens de Interese Cultural.

Estas medidas aplicaranse non só nas zonas históricas das cidades, senón tamén nos núcleos rurais protexidos e nas vivendas dos camiños de Santiago.


 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

11/01/2019