CRTVG

Buscar

Xunta e concellos impulsan a contratación de vítimas da violencia machista

Publicado o 23/01/2019 15:18

Esta mañá, a Xunta e os municipios galegos acordaron as medidas do Pacto de Estado contra a Violencia Machista que se desenvolverán en Galicia. Para levalas a cabo, Galicia recibirá 8 millóns de euros anuais e os concellos, que son clave pola proximidade ás vítimas, millón e medio.

Ás medidas de formación e prevención súmanse accións para facilitar a contratación de vítimas machistas nos municipios e tamén unha nova campaña de sensibilización.

Noticias web

23/01/2019